A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabasà), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero o único que quere é que a deixen tranquila. Unha historia para entender o momento de durmir como algo agradable e completar o ritual de ir para a cama, cun conto.