Portada

Figuras da nación

XERAIS
9788483020661
Gallec
UNIVERSITARIA

Sinopsi

Figuras da Nación reune doce ensaios relativos case todos, á historia cultural e política da Galicia contemporánea. A evolución do pensamento de sinalados devanceiros da cultura galega preside moitas das pasaxes deste libro, pero a súa análise faise atendendo ao contexto económico, social e ideolóxico que lles tocou vivir. Figuras sobranceiras como Castelao ou Peña Novo, o economista Colmeiro, o historiador López Ferreiro ou a propia Xeración NOS, analizada a propósito de Losada Diéguez, desfilan arroupadas co fardel da historia toda da Galicia do seu tempo.Contén o libro outros dous conxuntos de reflexións. Nun repárase no papel da historia non só en canto á construcción dunha disciplina científica, senón tamén na súa contribución á cultura nacional, e analízase asemade a condición de Portugal como referente positivo do galeguismo. A terceira parte, dedicada ao estudio da importancia da emigración a América na transformación económica, social e cultural de Galicia no primeiro tercio do século XX, pecha este libro que procura, pensándoos, facer historicamente máis intelixibles os logros individuais e colectivos.