Portada

Elas e o paraugas totalizador

XERAIS
09 / 2005
9788497823401
Gallec
ENSAIO
Literatura

Sinopsi

"Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.