Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. E o agasallo que lle envía unha tía-avoa súa que nin sequera sospeitaba que existise. Mina sente de súpeto a necesidade de coñecer esta "filla da lúa". A viaxe para atopala converterase en toda unha aventura que acelera a súa mmaduración como muller. Unha novela arredor do desenvolvemento persoal e a madureza, gañadora do Premio O Barco de Vapor.