Só lles falta falar!
Pato, Alfonso GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-399-1'); Sabedes como se chama o son que emite o burro?, ou que é un lucecú?, cantos dentes ten un mosquito? Animádevos a abrir estas páxinas e descubriredes os segredos mellor gardados do mundo das CRIATURAS. Un libro sobre as mascotas e as persoas. Un libro sobre as aventuras que animais e persoas viven xuntas. Un libro cos casos máis interesantes, divertidos e simpáticos do programa CRIATURAS da TVG. Sabiades que os animaliños gozan da nosa compañía, que lles gusta xogar con nós e con outras criaturiñas...que choran, que se poñen tristes... ou que cando se mancan senten moita dor... que tamén se namoran... e que lles gusta a música...? vaia!, que só lles falta falar! O certo é que resulta asombroso comprobar como, por exemplo, un moniño axuda a outros que teñen medo, ou como as vacas gozan ao resolver problemas na súa vida diaria ou como as ovellas poden iniciar amizades profundas, ou como... Todos estes momentos puideron verse antes no programa CRIATURAS, que se emite na TVG. E despois de pensalo un pouquichiño, pensamos que era unha mágoa non compartir todas esas vivencias cos lectores e as lectoras, contándoas con maior detalle, describindo as emocións e desvelando todos os grandes segredos que, en ocasións, no programa non dá tempo a desvelar. Son moitas as historias de animaliños que todo o equipo do programa leva presenciado ao longo dos catro anos que levan traballando en CRIATURAS. Por iso neste libro fixemos unha selección que resultase especial, fermosa e apaixonante para quen se achegue por estas páxinas. Así que aquí vos presentamos as vinte e cinco andainas animais que nos causaron maior simpatía, as máis alegres, emocionantes, doces e abraiantes..., e das que seguro, á parte de atopar un magnífico entretemento, aprenderedes algo novo do mundo animal.