Cincuenta e cinco textos de corenta autores, máis seis que son anónimos, foron especialmente escolmados por escritores e expertos de recoñecido prestixio e logo traducidos ao inglés polos principais tradutores que arestora traballan neste eido. Aparecen representados todos os períodos (desde a época medieval ata o Rexurdimento e o século vinte, tanto antes como despois da guerra civil) e todos os xéneros literarios (desde a poesía á narrativa, o ensaio, o teatro, e a tradición oral que mantivo o fío da continuidade entre os séculos dezaseis e dezaoito). Esta antoloxía proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos.