Portada

BIM BAM BUM

KALANDRAKA
11 / 2026
9788413434643
Gallec
ACARTONADOS
Infantil i juvenil
darrera setmana

Sinopsi

Un álbum premiado que celebra a amizade e a infancia nunha nova edición acartonada ideal para prelectores. Bim, Bam e Bum van á praia e, polo camiño, irán sumándose a eles novos amigos para pasar unha divertida tarde á beira do mar. Xuntos formarán un grupo de bañistas moi peculiar cuxos nomes servirán de punto de partida para os máis disparatados e poéticos xogos de palabras. Un álbum que celebra a amizade e unha reivindicación do xogo infantil baseado na liberdade, no movemento e na imaxinación fronte ao sedentarismo. Un relato cheo de sorpresas, sinxelo e musical, cun ritmo vibrante que anima a continuar a súa lectura ata o final e combina algúns recursos da tradición oral, como os acumulativos e as repeticións, con outros propios das vangardas artísticas, como os xogos fonéticos. Un Premio Compostela que conserva o humor e a frescura da súa primeira edición e que chega novamente ás librarías nun formato acartonado ideal para compartir cos lectores e lectoras máis pequenos.