Centenario dos estudos de historia na Universidade de Santiago de Compostela
Os estudos de Historia na Universidade de Santiago cumpriron cen anos no curso académico 2022-23, efeméride que, en canto memoria e conmemoración, supón unha fórmula idónea contra o esquecemento. En Compostela, os estudos superiores de Historia deron comezo dentro da Facultade de Filosofía e Letras, de modo paralelo aos de Química, que o facían na Facultade de Ciencias, uns principios certamente modestos e tamén serodios en comparanza coa maior parte das universidades españolas, dos que, con todo, foron xurdindo progresivamente diversas especialidades e, finalmente, licenciaturas. A través de sólidos estudos, de exhaustivas biografías e testemuños directos, esta obra coral, profusamente ilustrada, proporciona unha estampa, a un tempo evocadora e rigorosa, intensa e sensible, dun centro universitario senlleiro, que, lonxe de ancorarse na lembranza nostálxica, recolle o mellor dos seus cen anos para proxectarse no futuro.