Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa Por que ten ese nome tan raro A quen lle gusta xogar á billarda En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos O bosque de Ben-Cho-Shey esconde segredos que ninguén coñece. Pero, cales son Os segredos non se contan; descóbrense nestas páxinas, seguindo os pasos de Loaira e Lislé, dous dos protagonistas desta historia.