?Un conto e un canto?
As nenas e os nenos gozan escoitando contos e cancións. Ademais, a través dos personaxes dos contos e das mensaxes das cancións, experimentan emocións, resolven conflitos e interiorizan o mundo que os rodea.
Ana e a lúa lueira é un conto-canción ambientado nun contexto mariñeiro, pero dirixido ao mundo interior de calquera nena ou neno. A través dunha coidada linguaxe poética, este conto ofrécese como unha ventá aberta ao espazo das emocións, da tenrura, da sensibilidade e da beleza. Textos, música e ilustracións van da man en perfecta simbiose e harmonía. Tres linguaxes complementarias que dialogan e se enriquecen ao servizo dunha causa común: engaiolar a nenas e nenos.
A obra vai acompañada dun QR coas trece cancións da obra.