Portada

José Darriba Puente, o fillo da Licha

Memoria dun fusilado (1917-1937)

RINOCERONTE EDITORA S.L.
02 / 2021
9788415166931
Gallec
MORGANTE

Sinopsi

José Darriba Puente atópase no mellor momento da súa vida. Ten todo un camiño por diante, alimenta as súas paixóns culturais, posúe unha boa formación académica e é extremadamente educado. Cada poro da súa pel irradia vitalidade e enerxía. O seu sorriso cativador e o seu don de xentes convérteno nun mozo non exento de atractivo. Non lle faltan noivas e sabe que o futuro está nas súas mans. No entanto, posúe algo perigoso para os tempos que virán: ideas. José Darriba Puente, con criterio propio, é un home do seu tempo e do seu pobo. Traballador, inquedo e cheo de ilusións, desexa un mundo mellor. Unha esperanza que se truncará o 18 de xullo de 1936.