O morcego que adoraba as cores
Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito
 da súa cova e durmía. Polas noites, saía da cova e ía de caza.
 Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme.
 Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes...
 "Rufus" é un clásico de 1961 ao que precederon outros álbums
 destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco
 convencionais como protagonistas: a boa "Críctor" (1958),
 a canguro "Adelaida" (1959) e o polbo "Emilio" (1960) tamén
 encarnaron intrépidas aventuras. Na historia do morcego
 que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade
 cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos.