Este novo libro de Manuel Álvarez Torneiro, inédito e póstumo,
 é un agasallo que lles deixa o seu autor aos amantes da palabra.
 Tamén nesta obra volve ofrecer -algo propio dun servo da belezabálsamos para a alma. A súa é unha poesía contra a memoria
 dunha infancia rota, contra a fame de soños e de pan,
 contra os océanos da fatalidade e contra o medo
 que arrefría o corazón. É asemade unha poesía teimuda
 e permanentemente a favor do milagre invencible do amor,
 do matemático consolo das músicas e do estourar cómplice
 da rosa e da camelia. A favor, en suma, da esperanza...