Portada

Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro

USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
07 / 2013
9788415876151
Gallec
OUTRAS PUBLICACIONS
Literatura

Sinopsi

Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro é unha obra coral que recolle preto dunha trintena de achegas referidas á historia da lingua, a gramática diacrónica e a edición de textos referentes tanto ao galego como ao portugués (europeo e brasileiro), cun límite temporal nos finais do século XVIII. As devanditas liñas temáticas constitúen ámbitos de traballo nucleares no currículo do homenaxeado. Ao seu cultivo no presente volume contribúen algunhas das voces máis representativas da filoloxía galego-portuguesa dos nosos días. A iniciativa de erguer este humilde monumento a un dos referentes vivos da filoloxía portuguesa, sabio sobranceiro e maxistral historiador da lingua, xurdiu dun grupo de investigadores do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ofrécese ao público como expresión do recoñecemento ao papel de Ivo Castro canto facilitador de contactos persoais, colaboracións científicas e trocas académicas entre pesquisadores do norte e o sur do río Miño e dunha banda e outra do Océano Atlántico