Nos sete traballos que integran este libro, Henrique Monteagudo presenta unha visión global, ao tempo que matizada, do pensamento e da práctica lingüística de Castelao e da súa evolución a través do tempo.A reflexión sobre o idioma galego, desde diferentes ángulos, constitúe un espazo ben singularizado e mesmo central nos escritos ensaísticos e literarios de Castelao, quen foi moi consciente da importancia que a problemática lingüística tiña para calquera programa de revitalización política e cultural de Galicia.