Portada

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484874355
Castellà
Política

Sinopsi

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo
Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os
anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse,
sobre todo, en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e
tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola
Axencia EDIM. Tamén escribiu para revistas que se difundían en todo o Estado,
como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta a súa obra apareceu
en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes
da súa morte, de publicar unha escolma co título de "Cartafol de poesía". Elixido
alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste
eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases
traballadoras, fundamentalmente mariñeiros para mediar coas forzas políticas
e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa
detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia
que se levou a cabo o 17 de abril de 1937.
A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha
recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos
publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica
totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos
(política, cultura, lingua...), por xéneros xornalísticos e ordenados
cronoloxicamente.