Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario,
 o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando
 figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filla
 dunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese
 a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademais
 de veciños, convértense en grandes amigos, unidos
 por unha afección común: a creatividade.
 Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller
 nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridades
 que poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo
 a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosos
 polas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo.