Portada

BANQUEIROS IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484873785
Gallec
Teatre

Sinopsi

Parece evidente que, cando falamos de "crise", estamos a empregar
un vulgar eufemismo tras o que se agacha un calculado e programado
saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros
acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade
Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións
remuneradas, etc.
Non é casual a demonización que se está a facer na actualidade da
figura dos funcionarios e funcionarias, pois non se pode admitir que
no futuro existan persoas que gocen dun emprego de por vida e que,
ademais, militen nalgún sindicato de clase ou secunden as folgas, algo
impensábel para quen "goza" dun traballo temporal e renovábel en
función da súa "docilidade" cun sistema corrupto.
O Teatro -xunto cos púlpitos- foi secularmente, por mor do elevado
índice de analfabetismo, o principal medio de comunicación de
masas... Por esa razón, consideramos que nas actuais circunstancias, o
xénero dramático debe recuperar ese necesario protagonismo, denunciando
o que outros silencian, ocultan ou manipulan