Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida.
Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. O relato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascón D'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo do Rei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos, Aramis e Porthos.
Os catro protagonistas, actuando baixo o lema "Un para todos e todos para un", enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardeal de Richelieu para controlar a Corte e Francia.