Cinepoemas é un proxecto interartístico vangardista que ensambla texto e fotograma nunha fusión creativa tan vital como orixinal.
 
 Un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen.
 
 Unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.
 
 Unha evocación das obras mestras da arte máis contemporánea dende o cine mudo ao cine de autor.
 
 Unha reflexión ao tempo emotiva e crítica sobre a educación sentimental da sociedade actual.
 
 
 Claudio Rodríguez Fer, poeta e prosista de abondosa e variada obra traducida a máis de trinta idiomas, decantou en Cinepoemas a súa integral paixón polo cine universal, sen esquecer o galego, en harmonía experimental coa deseñadora Cristina Fiaño.