Portada

CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA IBD

LAIOVENTO (IBD)
03 / 2016
9788484873020
Gallec
Assaig

Sinopsi

CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
A situación do galego como síntoma.

Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia moderna
do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. A
publicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo
un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego
en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a
nosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxías
que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían.
Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e a
cuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora aparece
esta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análises
sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a
conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai
de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse
de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década
dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as
conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que
se produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía a
súa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha lingua
oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de
comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito
lingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unha
prática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña como
obxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social,
através da plenitude de usos e funcións.
No panorama bibliográfico galego -tan necesitado de páxinas esclarecedoras
a respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ
(cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outros
moitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneira
decisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segue
resultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máis
científico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constante
preocupación por facer análise científica, ao servizo dunha causa que non
admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.