De camiño ao casamento da neta, unha velliña
 atopa un lobo, un oso e un león que a queren
 comer. Ela convence os animais para que
 a esperen á volta do convite e, despois da
 celebración, a neta e a velliña argallan algo moi
 orixinal para burlar as tres feras.
 
 Cun ritmo áxil e co lenga lenga case un
 trabalinguas-, aínda vivo nas versións
 portuguesas que circulan ata o de agora, este
 conto multiplica as posibilidades expresivas da
 narración e da representación teatral.