àesperaba que o seu príncipe, que non era azul senón rubio, a rescatase. Fina ironía e humor intelixente para reinterpretarmos personaxes, elementos e morais de contos clásicos. Unha historia chea de invitacións a redescubrir as posibilidades de lecturas renovadas de Ranpunzel, Brancaneves, A Bela Dormente, Romeo e Xulieta e dos dragóns que, aínda que nunca entenderon os humanos en ningunha das súas linguas, si coñecen a linguaxe universal do amor.