Un día, o galo e a galiña saíron da granxa, dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá, ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa. Esta versión dun conto tradicional narra o periplo desesperado da galiña para salvar o seu amado comellón. Nesta empresa colaborarán un granxeiro, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e un carballo! A pesar das dificultades, triunfará a boa vontade e solidariedade.